Categorías
Uncategorized

Ollando Titán

Créditos da imaxe: VIMS TeamU. ArizonaU. NantesESANASA

Explicación: Envolto nunha espesa atmósfera, Titán, a lúa máis grande de Saturno é realmente difícil de ver. Pequenas partículas suspendidas na parte alta da atmósfera provocan unha case impenetrable néboa, espallando fortemente a luz de lonxitudes de onda visibles e ocultando as características da superficie de Titán ás miradas curiosas. Pero á superficie de Titán fotografíase mellor con lonxitudes de onda infravermellas, onde a dispersión é mais feble e a absorción atmosférica redúcese. Arredor desta imaxe en luz visible de Titán (centro) están algunhas das máis claras vistas globais en infravermello da tentadora lúa ata o momento. En cor falso, o panel de seis imaxes amosa un proceasado consistente de 13 anos de datos de imaxes infravermellas do Visual and Infrared Mapping Spectrometer (VIMS — Espectrómetro de mapeo Visual e Infravermello) a bordo da sonda Cassini. Ofrecen una comparación apaixonante coa vista do Casinni en luz visible.