Categorías
Uncategorized

O Sol en rotación

Créditos do video: SDONASAComposición dixital: Kevin M. Gill

Explicación: Cambia o Sol cando rota? Si, e os cambios poden mudar de sutís a moi intensos. Neste time-lapse o noso Sol, captado polo satélite SDO (Solar Dynamics Observatory) da NASA móstranos a súa rotación ao longo dun mes enteiro en 2014. Na imaxen grande da esqueda. a cromosfera solar amósases no ultravioleta, mentres que na imaxe pequena superior esqueda amósase a máis familiar fotosfera en luz visible. No resto de imaxes pequenas amósase a emisión en raios X producida por átomos de ferro que se atopan a diferentes alturas na corona, todas as imaxes preséntanse en falsa cor para acentuar as diferencias. O Sol tarda un pouco menos cun mes en rotar completamente, rotando máis rápido no ecuador- Unha gran e activa mancha solar rota pola vista xusto ao comezo do video. Pódense apreciar tamén efectos máis sutís como cambios na textura da superficie e nas formas das rexións activas. Efectos máis intensos inclúen escintileos nas rexións activas e erupcións ondeantes claramente visibles todo ao redor do borde do Sol. Na actualidade, o noso Sol está a atravesar por un período de baixa actividade dentro do seu ciclo magnético de 11 anos. Cando o video remata, a mancha solar activa mencionada anteriormente volta a aparecer na vista, aínda que amosándose agora diferente.