Categorías
Uncategorized

TYC 8998-760-1: Múltiples planetas arredor dunha estrela coma o Sol

Créditos da imaxe: ESOA. Bohnet al.

Explicación: Teñen outras estrelas planetas coma o noso Sol? Evidencias previas amosan que sí, orixinándose maiormente a partires de leves cambios na luz da estrela creados polos planetas que a orbitan. Non obstante, recentemente, e por primeira vez, un par de planetas foron fotografados directamente arredor dunha estrela similar ó Sol. Estes exoplanetas orbitan a estrela nomeada TYC 8998-760-1 e están identificados por frechas na imaxe infravermella destacada. Cunha idade de 17 millóns de anos, a estrela principal é moito máis nova que os 5 mil millóns de anos do noso Sol. Tamén ambos exoplanetas son masivos e orbitan máis lonxe que os seus análogos no Sistema Solar: Xúpiter e Saturno. Os exoplanetas foron atopados polo VLT (Very Large Telescope) do Observatorio Europeo do Sur (ESO) en Chile polo seu brillo infravermello – despois de que a luz da súa estrela principal fose bloqueada artificialmente. A medida que o telescopio e a tecnoloxía melloren ó longo da próxima década, espérase que planetas máis semellantes á nosa Earth poidan ser fotografados directamente.