Categorías
Uncategorized

Perseidas arredor da Vía Láctea

Créditos da Imaxe & Copyright: Jingyi Zhang

Explicación: Porqué aparecerían curvadas as trazas dos meteoros? O efecto de arco prodúcese só porque a imaxe comprime artificialmente (case) a totalidade do ceo nun rectángulo. Os meteoros son da Choiva de meteoros das Perseidas que tivo o seu pico a pasada semana. A imaxe multifotograma destacada combina non só diferentes direccións dentro dunha proxección 360, senón tamén diferentes momentos cando as brillantes Perseidas atravesaban o ceo. Tódolos metoros das Perseidas poden rastrexarse ata a constelación de Perseo hacia a parte inferior esquerda, incluso as lixeiramemente curvas (aínda que realmente rectas) trazas. Aínda que as Perseidas sempre apuntan hacia o seu radiante en Perseo, poden xurdir casi en calquera lugar do ceo. A imaxe foi tomada dende a Mongolia InteriorChina, onde as pradeiras se atopan coas dunas de area. Moitos tesoiros tamén visiles no concurrido ceo nocturno incluíndo o arco central da nosa Galaxia Vía Láctea, os planetas Saturno e Xúpiter cara a dereita, o colorido airglow no centro á esquerda a algunhas nubes relativamente cercanas á Terra. A choiva de meteoros das Perseidas alcanza o seu máximo cada mes de Agosto.