Categorías
Uncategorized

NGC 6814: Galaxia Espiral de Gran Deseño dende o Hubble

Créditos da imaxe: ESA/Hubble & NASAAgradecementos: Judy Schmidt

Explicación:  No centro deste sereno remuiño solar está probablemente unha besta horripilante de buraco negro. O remuiño circundante cobre miles de millóns de estrelas resaltadas polas máis brillantes e azuis. A amplitude e beleza do despliegue danlle ó remuiño a designación dunha galaxia espiral de gran deseño. A besta central amosa evidencia de ser un buraco negro supermasivo con 10 millóns de veces a masa do noso Sol. Esta feroz criatura devora estrelas e gas e está arrodeada por un foxo xiratorio de plasma quente que emite ráfagas de raios X. A violenta actividade central dalle a designación de Galaxia de Seyfert. Esta beleza e a besta están catalogadas coma NGC 6814 e aparecen xuntas pola constelación da Aguia (Aquila) dende fai aproximadamente 1.000 millóns de anos.