Categorías
Uncategorized

Marte á beira da Lúa

Créditos da imaxe e Copyright: Sergio Scauso

Explicación: Algunha vez a Lúa eclipsa a Marte? Si, ocasionalmente a Lúa móvese enfronte de tódolos planetas do Sistema Solar. Xustamente este pasado domingo, visible dende algúns lugares de Suramérica, a Lúa menguante eclipsou Marte. A imaxe amosada capturou dende Córdoba, Arxentina esta ocultación, amosando a irregular superficie da Lúa xunto cun brillante Marte inusualmente adxacente. Nuns poucos segundos, Marte desapareceu detrás da Lúa, só para reaparecer de novo uns poucos minutos despois polo outro lado. Hoxe a Lúa moverase preto, máis non enfronte, de Venus. Debido a que os aliñamentos non cambiarán moito, as dúas próximas veces que a Lúa pase por esta parte de ceo – a comezos de Setembro e a comezos de Outubro – de novo ocultará Marte, tal como se poderá ver dende certos lugares de Suramérica.