Categorías
Uncategorized

NGC 5189: Unha nebulosa planetaria inusualmente complexa

Créditos da imaxe: NASAESAHubbleHLAReprocesado & Copyright: Jesús M. Vargas

Explicación: Por qué é esta nebulosa tan complexa? Cando unha estrela coma o noso Sol esté a morrer, desprenderase das súas capas externas, normalmente dunha forma en xeral simple. Algunhas veces esta forma é unha esfera, algunhas veces un doble lóbulo e algunhas veces un anel ou unha hélice. No caso da nebulosa planetaria NGC 5189, non obstante, ademáis dunha forma xeral “en Z” (a imaxe destacada está volteada horizontalmente polo que aparece coma una “S”), non emerxeu unha estructura tan simple. Para axudar a entender por qué, o Telescopio Espacial Hubble en órbita terrestre observou NGC 5189 con gran detalle. Achados anteriores indicaron a existencia de múltiples épocas de saída de material, incluindo unha recente que creou un relucente pero distorsionado toro que percorre horizontalmente o  centro da imaxe. Os resultados do Hubble parecen consistentes coa hipótese de que a estrela moribunda é parte dun sistema estelar binario cun eixo de simetría en precesión. NGC 5189 exténdese ó longo duns tres anos luz e atópase a uns 3.000 anos luz de distancia en dirección á constelación no hemisferio sur da Mosca (Musca).