Categorías
Uncategorized

Xúpiter e Saturno érguense máis alá da Roca do Trono Alieníxena

Crédito da imaxe & Copyright: Marcin Zając

Explanation: Qué planetas son os que están detrás desta insólita agulla de roca? Saturno (abaixo á esquerda) e Xúpiter. Este mes, despois do solpor, o brillante dúo planetario é bastante prominente hacia o sueste. Agora, a túa vista dos planetas máis grandes do noso Sistema Solar pode non incluir unha pinturesca cheminea de fadas (hoodoo) no primeiro plano, nin a espectacular banda central da nosa Galaxia Vía Láctea a través do fondo, pero debería ser bastante rechamante del calquera forma. A imaxe destacada é unha composición de exposicións consecutivas para o primeiro plano e o fondo tomadas a finais de Maio coa mesma cámara e dende a mesma localización — as terras baldías (badlands) do deserto Ah-Shi-Sle-Pah na conca San Juan en Novo MñexicoEE.UU. A agulla de roca, denominada informalmente ‘Alien Throne’ — Trono alieníxena –, ten uns 3 metros de altura.  Saturno e Xúpiter permanecerán visibles xuntos despois do solpor durante varios meses.