Categorías
Uncategorized

As colas cambiantes do Cometa Neowise

Créditos da imaxe & Copyright: Ignacio Llorens

Explicación: Fíxate na cola de ións do Cometa NEOWISE. Unha historia que conta esta cola é o camiño da Terra. Coma en tódolos cometas, a cola azul de ións sempre apunta en dirección oposta ó Sol. Pero cando o Cometa C/2020 F3 (NEOWISE) orbitando ó noso Sol, a súa cola de ións apuntou en direccións lixeiramente diferentes. Isto débese a que entre o 17 de Xullo e o 25 de Xullo de 2020 cando se tomaron as imaxes destacadas, a Terra moveuse notablemente na súa órbita arredor do Sol. Pero o movemento da Terra fixo que semellase que o Sol se movera no ceo. Polo tanto aínda que non se pode ver directamente o Sol na(s) imaxe(s) destacada(s), as direccións da cola de ións revelan este aparente cambio solar. O movemento aparente do Sol prodúcese na eclíptica, o plano común no que orbitan tódolos planetas. A composición destacada de 5 imaxes foi meticuosamente composta para colocar con precisión cada imaxe do cometa — e as cinco posicións solares extrapoladas — sobre unha única imaxe en primeiro plano do Turó de l’Home (outerio do Home), no norte de Barcelona, España. O Cometa NEOWISE xa non é visible a simple vista coma o mes pasado, pero aínda pode atoparse cun pequeno telescopio a medida que retorna ó Sistema Solar exterior.