Categorías
Uncategorized

Nubes revoltas en Xúpiter

Créditos da imaxe e LicenciaNASA/JPL-Caltech/SwRI/MSSSProcesado: Kevin M. Gill

Explicación: Onde está o amoníaco de Xúpiter? O amoníaco gaseoso esperábase atopar na atmosfera alta de Xúpiter pola sonda Juno, pero en moitas das nubes é prácticamente ausente. Sen embargo, datos recentes de Juno dannos algunhas pistas: algunhas nubes altas parecen ser a orixe dun tipo inesperado de descargas eléctricas alcumadas “lóstregos superficiais“. Para que se produzan lóstregos é necesario que se produza unha gran separación de cargas eléctricas, estas cargas eléctricas poderían ser xeradas pola colisión de pelotiñas de pedrazo conxelado que soben na atmosfera polo efectos das correntes ascendentes de gas. O amoníaco e a auga adhérense a estas pelotiñas de pedrazo que ascenden ata que son demasiado pesadas – nese momento caen cara as profundidades da atmosfera de Xúpiter e derrétense. Mediante este proceso, o amoníaco desaparecido da alta atmosfera de Xúpiter reaparece máis abaixo. Tamén fotografada por Juno, as nubes revoltas de Xúpiter non só amosan unha complexidade engaiolante se non tamén as nubes claras emerxentes dos niveis máis altos da atmosfera. O entendemento da dinámica atmosférica de Xúpiter proporciónanos tamén unha perspectiva moi valiosa de fenómenos atmosféricos e treboentos que ocorren na Terra.