Categorías
Uncategorized

A orixe dos elementos

Créditos da Imaxe & LicenseWikipediaCmgleeDatos: Jennifer Johnson (OSU)

Explicación: O hidróxeno no teu corpo, presente en cada molécula de auga, provén do Big Bang. Non hai ningunha outra orixe apreciable de hidróxeno no universo. O carbón no teu corpo creouse por fusión nuclear no interior das estrelas, coma o osíxeno. A maioría do ferro no teu corpo creouse durante as supernovas de estrelas que ocorreron foi moito tempo e moi lonxe. O ouro das túas xoias fíxose probablemente a partires de estrelas de neutróns durante colisións que poideron ser visibles como ráfagas de raios gamma de curta duración ou como sucesos de ondas gravitacionais. Elementos como o fósforo ou o cobre están presentes no noso corpo só en pequenas cantidades pero son esenciais para o funcionamento de toda a vida coñecida. A tabla periódica destacada está  codificada en cores para indicar a mellor suposición da humanidade sobre a orixe nuclear de tódolos elementos coñecidos. Os lugares da creación nuclear dalgúns dos elementos, como o cobre, non son moi coñecidos e continúan a ser temas de investigación observacional e computacional.