Categorías
Uncategorized

Saturno crecente

Créditos da imaxe: NASAESASSICassini Imaging Team

Explicación: Visto dende a Terra, Saturno nunca amosa a súa fase crecente. Pero visto dende un aparello espacial o maxestuoso planeta xigante pode amosar só un anaco iluminado. Esta imaxe de Saturno crecente en cores naturais foi tomada pola sonda Cassini en 2007. Amosa os aneis de Saturno dende o lado do plano do anel oposto ó Sol — a parte non iluminada — outra vista non posible dende a Terra. Son visibles as tenues cores das bandas das nubes, as complexas sombras dos aneis do planeta, e a sombra do planeta nos aneis. As lúas Mimas, ás 2 en punto, e Janus ás 4 en punto, poden verse como manchas de luz, pero o reto real é atopar Pandora (ás 8 en punto). Dende a Terra, o disco de Saturno está case cheo agora e oposto ao Sol. Xunto con seu brillante compañeiro o planeta xigante Xúpiter aparece na tardiña.