Categorías
Uncategorized

Messier 20 y 21

Créditos da Imaxe & Copyright:Emanuele Petrilli

Explicación: A fermosa nebulosa Trífida, tamén coñecida como Messier 20, é sinxela de atopar cun pequeno telescopio na rica nebulosa da constelación de Saxitario. A uns 5.000 anos luz de distancia, o colorido estudo dos contrates cósmicos comparte esta fermosa composición, dun grado aproximadamente de amplitude co cúmulo estelar aberto Messier 21 (dereita). Triseccionada por liñas de po, a Trífida ten uns 40 anos luz de diámetro e apenas uns 300.000 anos de idade. Isto faina unha das rexións máis novas de formación de estrelas no noso ceo, con estrelas recén nacidas e embrionarias incrustadas no seu po natal e nubes de gas. As estimacións da distancia ó cúmulo estelar aberto M21 son similares ás de M20, pero a pesares de compartir esta magnífica paisaxe celeste non hai aparente conexión entre as dúas. De feito, as estrelas de M21 son moito máis vellas, sobre uns 8 millóns de anos de idade.