Categorías
Uncategorized

Cometa Neowise sobre o desfiladeiro Vikos

Créditos da imaxe & Copyright: Constantine Emmanouilidi

Explicación: Desgarrouse a Terra a sí mesma para amosarnos este cometa? Por suposto que non, aínda que esta imaxe pareza semellar o contrario. No fondo aparece o Cometa NEOWISE tal e como se amosaba fai unhas dúas semanas sobre o norte de Grecia. Sobre o cometa hai moitas estrelas incluido as brillantes estrelas da Osa Maior (Big Dipper) (tamén o Feiticeiro, na mitoloxía Azteca), un asterismo que moita xente arredor do mundo empregou para etopar o cometa a simple vista mentres flotaba nos ceos do norte ó longo do mes pasado. No primeiro plano atópase o Desfiladeiro Vikos, o desfiladeiro máis profundo na Terra, en relación a súa anchura. O desfiladoiro foi lentamente creado pola erosión producida polo río Voidomatis durante os últimos millóns de anos. A captura desta imaxe requeriu moita planificación, espera, sorte, loita contra fortes ventos, e evitar ós lobos locais. O Cometa C/2020 F3 (NEOWISE) continúa a esvaecerse e agora vese mellor con anteollos mentres se dirixe de volta ó Sistema Solar exterior.