Categorías
Uncategorized

Marte, o planeta vermello

Créditos da imaxe e Copyright: Luc Debeck

Explicación: Marte vése moi nítido nesta imaxe tomada o 23 de Xullo cun telescopio de xardín en Hoegaarden, Bélxica, no planeta Terra. O brillante polo sur do Planeta Vermello é iluminado pola luz do Sol dende a parte superior nesta imaxe invertida, mentras a mancha escura coñecida como Syrtis Major exténdese cara o borde dereito (leste) do planeta. Elevándose cara a medianoite, aínda faltan varios meses ata que o Planeta Vermello acade a súa propia oposición no comezo de Outubro. As vistas a través do telescopio mellorarán aínda máis a medida ca Terra, na súa órbita máis veloz, alcance a Marte, e o disco vermello creza e se faga máis brillante. O cráter marciano Jezero atópase na rexión de Syrtis Major, este lugar será o punto de aterraxe do Rover Perseverance da NASA, cuxo lanzamento levarase a cabo hoxe.

Imaxes do Cometa NEOWISE dende a Terra: 292827262524 de Xullo

Categorías
Uncategorized

Os xigantes do verán

Créditos da Imaxe e Copyright: Jean-Luc Dauvergne

Explicación: mentres o Cometa NEOWISE pecorre os ceos boreais, Xúpiter e Saturno brillan con forza preto da oposición.
Con Xúpiter en oposición ao Sol o 14 de Xullo e Saturno o 21 de Xullo, ámbolos dous planetas xigantes atópanse na súa posición máis próxima á Terra en 2020. Compartindo a constelación de Saxitario, pódense contemplar durante toda a noite, ofrecendo as súas mellores e máis brillantes vistas a través do telescopio. Estas dúas nítidas imaxes capturadas o 22 de Xullo dende un balcón de París non decepcionan, amosando as características máis famosas de cada un dos planetas, os aneis de Saturno e a Gran Mancha Vermella de Xúpiter. Estos dous xigantes dos Sistema Solar paga a pena seguilos durante todo o 2020. O 21 de Decembro, os astrónomos poderán contemplar a gran conxución de Xúpiter e Saturno, feito que sucede unha vez cada 20 anos.

Imaxes do Cometa NEOWISE dende a Terra: 2827262524 de Xullo