Categorías
Uncategorized

Voando polo Campo Ultrafondo do Hubble

Créditos do vídeo: NASA, ESA, F. Summers, Z. Levay, L. Frattare, B. Mobasher, A. Koekemoer e o equipo HUDF (STScI)

Explicación: cómo sería voar a través do universo distante? Para averigualo, un equipo de astrónomos estimou as distancias relativas a cerca de 5.000 galaxias dun dos máis afastados campos de galaxias nunca imaxinado: o Campo Ultra Fondo do Hubble (Hubble Ultra Deep FieldHUDF). Xa que a luz necesita un longo tempo para cruzar o universo, a maioría das galaxias visibles no vídeo destacado vense como cando o universo tiña só unha fracción da súa idade actual, aínda formándose, e con formas inusitadas en comparación coas galaxias modernas. As galaxias maduras de aspecto espiral como a nosa Vía Láctea ou a Galaxia de Andrómeda aínda non existen. Cara o fin do vídeo o observador virtual voa polas galaxias máis distantes no campo HUDF, rexistradas cun desprazamento ao vermello. Esta primeira clase de galaxias de baixa luminosidade probablemente contiña estrelas enerxéticas emitindo luz que transformaba moita da restante materia normal do universo de gas frío a un plasma quente ionizado.

Astrofísicos: Consulte máis 2.200 de códigos na Biblioteca de Código Fonte de Astrofísica (Astrophysics Source Code Library)